Entrevistas

Entrevistamos a David Martinez da ADE Lucus

Agrupación Deportiva Lucus



Vostede é a actual coordinadora da Agrupación Deportiva, cal é a estrutura actual da Agrupación Deportiva Escolar:

Directiva, entidades e colaboradores. 

¿Que cualidades valoras nos técnicos, monitores e colaboradores a hora de formar parte do voso proxecto de base?

Dinamismo, autonomía, educación, formación e alegria

¿Como definirías a filosofía de traballo da vosa agrupación?

Un para todos e todos para un

¿Cal é o deporte Rei da túa agrupación?

O campo a través. Esperemos que neste final de trimestre o baloncesto e o bádminton

¿Que diferencias encontras entre o deporte da sua etapa como deportista e a etapa actual?

Está moito máis tecnificado, máis especializacións e facilidade de acceso ao mesmo

¿Que valoración fas da situación do deporte no momento actual que estamos a vivir polo Covid – 19?

O deporte axudanos a manter a mente limpa, a sobrelevar o estres e canalizar a ansiedade, asi que despois de un tempo de pandemia penso que o deporte como terapia tanto fisica como psíquica é primordial. 

¿Practicas algún deporte?

Non. 

¿Cal foi o momento mais feliz como coordinador da Agrupación?

Ese momento está por chegar

¿Cal é o aspecto que lle parece máis gratificante do seu traballo?

Na agrupación o traballo en equipo e o final da organización das diferentes probas cando todo sae ben. 

En curto...

  • Unha comida: Arroz caldoso con bogavante

  • Un coche: O coche fantástico

  • Unha Película: A vida de Brian

  • Un soño: Unha primitiva das boas

  • Unha viaxe: Interrail por Europa

  • Unha cidade de Galicia: Lugo

  • Un evento deportivo que o marcara: Barcelona 1992; Olimpiada Silleda

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Entrevistamos a José Antonio Guerra da ADE A Montaña

Agrupación Deportiva A Montaña

Vostede é a actual coordinadora da Agrupación Deportiva, cal é a estrutura actual da Agrupación Deportiva Escolar:

A Agrupación presídoa eu pero teño varios colaboradores que me axudan nos distintos eventos que organizamos. Tamén conto coa colaboración de varios profesores nos centros educativos.

¿Que cualidades valoras nos técnicos, monitores e colaboradores a hora de formar parte do voso proxecto de base?

Valoro moito o interese que lle poñen para sacar adiante as actividades, sobre todo nesta comarca que cada ano está máis despoboada e con menos nenos nos colexios. Tódolos colaboradores e monitores son conscientes da situación e intentan que non vaia a máis.

¿Como definirías a filosofía de traballo da vosa agrupación?

Traballo polo ben dos nenos e que desfruten do deporte escolar 

¿Cal é o deporte Rei da túa agrupación?

Fútbol sala e bádminton

¿Cantos deportes distintos se practican na túa agrupación?

Nos últimos anos foron poucos, pero normalmente organizamos a liga da montaña de fútbol sala, e concentracións de bádminton, tenis de mesa, baloncesto, patinaxe e estamos empezando coa Orientación.

¿Que diferencias encontras entre o deporte da sua etapa como deportista e a etapa actual?

Nunca fun deportista pero levo case 25 anos metido no mundo do deporte, como directivo dun equipo de fútbol. A gran diferencia que noto é que cada ano os nenos teñen máis actividades variadas e que cada ano lles gusta menos o deporte. Fai 25 anos non había nin play nin móbiles. Os nenos desfrutaban máis co deporte . Eso gustaríame que cambiara, pero vai ser complicado

¿Que valoración fas da situación do deporte no momento actual que estamos a vivir polo Covid – 19?

Foron dous anos complicados e a volta ó deporte foi difícil, aínda estamos en proceso de normalización. Foron dous anos perdidos, e iso xa é irrecuperable. Intentaremos que o próximo curso escolar sexa xa o curso da nova normalidade 

¿Practicas algún deporte?

Por desgraza, non practico ningún deporte, tampouco teño moito tempo para facelo pola miña vida persoal. 

¿Cal foi o momento mais feliz como coordinador da Agrupación?

Os meus momentos mais felices é cando estou nas concentracións dos diferentes deportes e vexo a nenos e nas de tantos sitios diferentes e que aproveitan eses eventos para falar e coñecerse. Aquí temos moitos centros educativos e cada ano con menos nenos. Por iso xuntar a 80-100 deportistas nunha concentración é moi gratificante

¿Cal é o aspecto que lle parece máis gratificante do seu traballo?

O exposto na pregunta anterior. A zona que levo eu é a montaña lucense, que por desgracia cada ano está máis olvidada e cada ano somos menos.

En curto...

  • Unha comida: Botelo con nabizas

  • Un coche: Calquera que consuma pouco

  • Unha Película: Titanic

  • Un soño: Que haxa Paz de Tranquilidade

  • Unha viaxe: Portugal

  • Unha cidade de Galicia: Coruña

  • Un evento deportivo que o marcara: Campionato de Liga do RC Deportivo da Coruña

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Entrevistamos a Susana Fernández da ADE Río Cabe

Agrupación Deportiva Río Cabe

Vostede é a actual coordinadora da Agrupación Deportiva, cal é a estrutura actual da Agrupación Deportiva Escolar:

Si, como cualquier agrupación, contamos también con voluntarios que esperemos sea el futuro de la misma. 

¿Que cualidades valoras nos técnicos, monitores e colaboradores a hora de formar parte do voso proxecto de base?

Que sean responsables y animosos.

¿Como definirías a filosofía de traballo da vosa agrupación?

Es muy automatizada, intentamos que ese trabajo sea lo más llevadero posible

¿Cal é o deporte Rei da túa agrupación?

Futbol sala

¿Cantos deportes distintos se practican na túa agrupación?

Que participen en el programa Xogade seis, después se practican más aunque no se participe como patinaje o baloncesto.

¿Que diferencias encontras entre o deporte da sua etapa como deportista e a etapa actual?

Antes solo existía el deporte escolar, ahora al estar el federado desde las categorías tan pequeñas se nota mucho la bajada en el escolar. Referente a deportes se han aumentado las disciplinas antes solo habia baloncesto, futbol sala y campo a través. El monitor era el que responsable absoluto y ahora los padres también están mas metidos.

¿Que valoración fas da situación do deporte no momento actual que estamos a vivir polo Covid – 19?

A día de hoy no veo mucho cambio... incluso creo que ha beneficiado, se muestra más interés en hacer deporte.

¿Practicas algún deporte?

Ahora mismo no(no tengo tiempo), pero volveré a la carrera popular, eso si(ya estoy empezando).

¿Cal foi o momento mais feliz como coordinador da Agrupación?

Mis momentos más felices cuando trabajaba con mi mentor Manolo Eiriz.

¿Cal é o aspecto que lle parece máis gratificante do seu traballo?

Ver a los niñ@s como disfrutan jugando y pasándolo bien: sus nervios, sus sonrisas, como se animan, abrazan y sus lloros,... todo es importante.

En curto...

  • Unha comida: Pasta

  • Un coche: Furgoneta

  • Unha viaxe: Egipto

  • Unha cidade de Galicia: Monforte de Lemos

  • Un evento deportivo que o marcara: Calasancias contra un equipo de Coruña, que pasamos de 100 puntos y nos regalaron una bandeja de pasteles con 12 años en un Gallego de Baloncesto.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Entrevistamos a Juan J. Vivero Coordinador da ADE A Mariña

Agrupación Deportiva A Mariña


Vostede é o actual coordinador da Agrupación Deportiva, cal é a estrutura actual da Agrupación Deportiva Escolar:

A coordinación da Agrupación Deportiva a Mariña é “bicéfala”.

Temos repartidas as funcións entre o Presidente, que nestes momentos son eu e o Secretario, que na actuadidade é Rubén García.

O maior peso da organización das ligas de FTS/BC e Campo a Través lévaas Rubén.

Eu encárgome do transporte, do Xadrez e do Tenis de Mesa.

Pero, a verdade somos un equipo, aínda que de dous membros, moi ben “avenido”.


¿Proxectos de futuro?

Estamos ansiosos de volver á normalidade e voltar a cantidade de nenas e nenos participando, pavillóns repletos, competicións nas que as familias se despracen ás distintas vilas e pobos da Mariña.


¿Que cualidades valoras nos técnicos, monitores e colaboradores a hora de formar parte do voso proxecto de base?

O máis importante, ademais do meramente deportivo, é transmitirlles a nenos e familias os valores primordiais do noso deporte: esforzo, superación, perseverancia, igualdade, respeto, deportividade, solidariedade e compañeirismo, éxito persoal e colectivo, entre outros moitos.


¿Como definirías a filosofía de traballo da vosa agrupación?

Procuramos favorecer sempre ás distintas Entidades e aos seus nenos, tanto á nivel de horarios e datas de competicións como proporcionar a todos a posibilidade de participar.


¿Cal é o deporte Rei da túa agrupación?

Por suposto que o deporte rei na nosa zona é o Fútbol- Sala, pero seguramente é o mesmo que na maioría das zonas de Galicia.

Aínda que con respecto a outras zonas, temos gran participación en Xadrez e Tenis de Mesa.


¿Cantos deportes distintos se practican na túa agrupación?

Na nosa zona, e sempre coordinados co Sevizo Provincial de Deportes de Lugo, organizamos competicións de Campo a Través, Fútbol Sala, Baloncesto, Xadrez, Tenis de Mesa, Bádminton, Patinaxe, Ximnais Rítmica, Duathlon e Atletismo


¿Que diferencias encontras entre o deporte da sua etapa como deportista e a etapa actual?

As diferencias son enormes.

Eu xa son moi “maior” e na miña etapa de deportista, na miña zona, non recordo competir con outros centros.


Pero levo máis de 35 anos como mestre nun colexio e recordo, polos anos 80 e ata mediados dos 90, aquelas xornadas ao aire libre en pleno inverno xogando, sobre todo ao fútbol sala e ao baloncesto, que cada pouco había que parar porque chovía, eran outros tempos…


Tamén recordo a partir dos mediados dos 90 e na primeira metade da primeira década deste século que as cousas cambiaron, xa aparecen en case todas as vilas pavillóns cubertos e “había cartos para o deporte”, campionatos provinciais e galegos onde os rapaces ían a durmir aos lugares de competición, coa ilusión que lles facía. Concentracións a nivel autonómico, …


A partir da segunda metade da primeira década deste milenio as cousas voltan a cambiar, os recursos son os que son e voltamos máis a unha práctica deportiva máis enfocada á práctica deportiva en si e xa abandoamos aquelas xuntanzas, por dicilo así, nas que primaba máis a convivencia que o meramente deportivo…


Por desgraza, chéganos o ano 2020 e todo se corta de raíz…


Parece que comezamos a voltar a unha certa normalidade, oxala todo volte, como mínimo a como estabamos no ano 2019….


¿Que valoración fas da situación do deporte no momento actual que estamos a vivir polo Covid – 19?

Como xa dixen no anterior apartado o COVID-19 cortounos todo de raíz…

Paralizáronse as competicións, todo quedou aprazado…

Neste curso intentamos comezar outra vez a camiñar, pero de momento nada que ver coa situración anterior ao Covid.


¿Practicas algún deporte?

Agora mesmo o único deporte que practico é o sendeirismo, un xa vai nunha idade…


¿Cal foi o momento mais feliz como coordinador da Agrupación?

Bueno, momentos felices moitos…

Cando rematamos calquera competición e vemos que os resultados de organización son satisfactorios xa nos damos por contentos.

Moitos comarcais, provinciais e galegos que organizamos de distintas modalidades, pero seguramente dos eventos que máis orgullosos estamos, aínda que eu persoalmente non puiden participar por motivos de enfermidade, foi o Campionato Galego de Campo a Través celebrado en Lourenzá nesta tempada e que tan exitosamente organizou Rubén García e o seu equipo de colaboradores…


¿Cal é o aspecto que lle parece máis gratificante do seu traballo?

Pois a verdade, na Mariña temos uns responsables de Entidades, a maioría deles formidables e escoitarlles agradecementos cara a nós é sempre moi gratificante.

En tantos anos que levamos tanto Rubén coma min foron moi poucos e contados os problemas que tivemos neste aspecto.

Dende aquí o meu agradecemento a todos eles.

Non poido rematar esta conversa sen agradecer tamén a colaboración e apoio en todo momento ao persoal do Servizo Provincial de Deportes, especialmente a Manolo, Carlos , Dani e Bernardo

Unha aperta para todos eles

En curto...

  • Unha comidaMariscada

  • Un coche: Os coches non son a miña paixón, calquera monovolume, pola comodidade.

  • Unha película“O que arde”

  • Un soño: Seguir vendo medrar os meus netos ao noso carón

  • Unha viaxe: Países escandinavos

  • Unha cidade de GaliciaTeño tres pobos, aínda que non son cidades que me marcaron e me marcan: Indistintamente, Valadouro, Mondoñedo e Foz

  • Un evento deportivo que o marcara: As Olimpiadas 1992.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Entrevistamos a Guillermo García Coordinador da ADE Sur Lugo

Agrupación Deportiva Escolar Sur Lugo


Vostede é o actual coordinador da Agrupación Deportiva, cal é a estrutura actual da Agrupación Deportiva Escolar, así como os proxectos de futuro?.

A diferenza doutras zonas, a maioría dos adestradores e responsables das entidades participantes no XOGADE desta zona (Sur-Occidental de Lugo) son técnicos deportivos municipais. Polo que de partida contamos con profesionais específicos e cualificados no eido deportivo involucrados na promoción de actividade física nos seus concellos respectivos e que colaboran coa Agrupación SURLUGO en todo o que poden. Conto tamén asiduamente coa axuda desinteresada dos meus compañeiros da Agrupación (algúns antigos alumnos meus). Ademais de todo isto temos que sumar o gran traballo e apoio diario indispensable de todo o persoal do Servizo Provincial de Deportes de Lugo; que fan unha gran labor.

Como proxecto a curto prazo; estamos intentando aumentar a participación en Baloncesto; que está un pouco baixa nesta zona; a excepción de Chantada, onde contan con varios equipos en todas as categorías.

¿Que cualidades valoras nos técnicos, monitores e colaboradores a hora de formar parte do voso proxecto de base?

O que máis valoro son os profesionais que saiban motivar aos seus alumnos e que teñan claro que o deporte en estas idades debe ser de ser EDUCATIVO, FORMATIVO e PARTICIPATIVO, tendo os resultados unha importancia secundaria.

¿Como definirías a filosofía de traballo da vosa agrupación?.

Promocionar o deporte entre o maior número posible de entidades da zona (e contando sempre coas súas opinións e necesidades). E cunha aposta decidida pola PROMOCIÓN DO DEPORTE na súa vertente educativa e saudábel; o que se traduce nestes anos en cambios e adaptacións regulamentarias, buscando diminuír o exceso de competitividade e promocionando máis a participación e a seguridade que os resultados.

¿Cal é o deporte Rei da túa agrupación?

Fútbol Sala e o Bádminton. Aí se concentran o maior número de practicantes cada tempada. Ademais fomos dos primeiros; xa hai anos, en apostar pola Patinaxe Artística na provincia.

¿Cantos deportes distintos se practican na túa agrupación?

Ademais dos anteriores (Fútbol Sala e Bádminton), tamén contamos con inscritos e entidades participantes en Tenis de Mesa, Xadrez, Natación, Patinaxe Artística, Atletismo e Baloncesto.

¿Que diferencias encontras entre o deporte da súa etapa como deportista e a etapa actual?.

Como moitos rapaces da miña época escolar, eu tamén participei no Deporte Escolar (concretamente durante varios anos en Campo través, Balonmán e Fútbol Sala); pero as competicións se limitaban a 3 ou catro partidos en todo o curso e participaban moi poucos rapaces e colexios das comarcas.

Afortunadamente, hoxe en día as diferenzas son moi grandes en sentido positivo; tanto en instalacións e material dispoñibles, como en adestradores. Ademais os medios aportados actualmente pola Secretaría Xeral para o Deporte para o XOGADE son moito maiores, tanto en servizos de autobuses, gastos de arbitraxes, material deportivo, e persoal organizador dende o propio Servizo Provincial de Lugo. Tamén cada ano hai maior número de actividades ofertadas, e os rapaces poden practicar deporte dende Outubro ata Xullo. Sen esquecer que ademais ampliouse as idades para os participantes (6-16 anos).

¿Que valoración fas da situación do deporte no momento actual que estamos a vivir polo Covid –19?

A situación é complicada, cun exceso de información dende moitos ámbitos, e as veces contraditorias; que fai que a xente en xeral teña medo/desconfianza. Trato de trasladar a rapaces e pais, que seguindo os protocolos oficiais, os riscos de contaxio facendo deporte son dos mais baixos comparados con outras actividades.

¿Practicas algún deporte?¿Cales?.

Como técnico municipal de deportes, creo que debo dar exemplo en todo momento NA PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES. Non fumo nin consumo alcohol e fago actividade física moderada diariamente; co uso de podómetro e as novas tecnoloxías teño “monitorizado” de xeito obxectivo o traballo semanal. Como mínimo fago 12.500 pasos diarios (9 KM); pois a parte de xestión, adestro e dirixo a usuarios en varias disciplinas nas Escolas Municipais. E para evitar a “sarcopenia” (problema que TODOS deberíamos minimizar a partir de 40 anos) fago 3 sesións cortas semanais de traballo de forza/musculación para non perder masa muscular. Xa retirado do deporte competitivo, actualmente a miña actividade preferida é o SENDEIRISMO; que practico habitualmente por camiños e sendas da Ribeira Sacra.

¿Cal foi o momento mais feliz como coordinador da Agrupación?.

Por ser dos primeiros, me consta que en numeroso foros e reunións, nos puxeron como exemplo polos cambios e reformas que empezamos a facer hai xa 20 anos. Adaptamos regulamentos e competicións para facer un deporte escolar máis educativo, igualado e participativo; así como a promoción do deporte feminino e a participación de equipos mixtos.

¿Cal é o aspecto que lle parece máis gratificante do seu traballo?

Que despois de 28 anos de profesional do deporte, cando falo con antigos alumnos (moitos deles xa avogados, médicos, enxeñeiros, mestres, etc.); gardan un grato recordo da súa participación deportiva cando eran nenos. E a inmensa maioría segue a valorar a importancia do deporte na sociedade ( que seguro trasladarán aos seus fillos) e moitos seguen ademais practicando actividade física regular.


En curto...


  • Unha comida:

Como de todo. Pero trato de facer una dieta diaria saudábel cos 3 pilares fundamentais: moderada, variada e equilibrada. Pero si teño que escoller, pouca carne e moita froita.

  • Un coche:

Nunca tiven especial paixón polos coches. Os vexo só como unha ferramenta, pos non me gusta moito conducir, polo que só o fago por necesidade. O que si creo importante para todos, é a concienciación medioambiental, polo que cando teñan un prezo razoábel, apostarei por un coche eléctrico para contribuír a contaminar menos.

  • Unha película:

“O club dos poetas mortos”. Con Robin Williams. Que non se lembra da escena “Oh capitán, mi capitán”. Gústame a idea de que moitos profesores/educadores/adestradores teñan una influencia positiva nas vidas futuras dos seus alumnos.

  • Un soño:

Que aumente a valoración na sociedade da importancia da práctica físico-deportiva, como actividade esencial nas súas vertentes educativa e saudábel. Creo que a día de hoxe, salvo excepcións ; non se lle da aínda a suficiente importancia que merece.

  • Unha viaxe:

Me quedo con dúas gratas viaxes que fixen a Londres; por diferentes motivos. Como visitas estiveron ben, coñecendo outras culturas, costumes e lingua. Aínda así, se podo escoller, nunca viviría permanentemente nunha cidade grande; o amontoamento de millóns de persoas nuns poucos KM cadrados está lonxe dunha boa calidade de vida . Non entendo que siga habendo prexuízos para vivir no medio rural; cando vexo máis vantaxes que inconvenientes.

  • Unha cidade de Galicia:

Por razóns familiares e de estudios, quédome con A Coruña. Vou habitualmente, pois teño nesa cidade unha irmá, e antes vivín alí 5 anos cando estudei a carreira no INEF Galicia en 1990.

  • Un eventos deportivo que o marcara:

Apenas vexo pola televisión nin asisto a competicións de deporte de elite; e máis hoxe en día, onde é máis negocio que deporte. Sempre preferín a súa práctica a velo. Polo que me quedo con eventos en directo e que promocionen o deporte de base.

Quédome pola novidade e ilusión que vin nos rapaces participantes, hai 26 anos, coa primeira Clausura das Escolas Municipais de Chantada. Entre participantes e espectadores; xuntamos case un milleiro de persoas, con deportes daquela pouco coñecidos na comarca como Patinaxe, Bádminton, Taekwondo, Halterofilia, Tenis, etc. Ese porcentaxe, nun concello de aquela de 10.000 persoas, significou que máis do 10% da poboación participou no evento. Agora a maioría dos Concellos teñen escolas deportivas; pero daquela, quitando as grandes cidades; en Galicia apenas había promoción deportiva fora dos clubs privados tradicionais. Así que me quedo con calquera evento deportivo de proximidade que teña promoción real e directa no aumento de práctica deportiva local.


----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Entrevistamos a Juan José Somoza Lázare Coordinador da ADE Terra Chá

Agrupación Deportiva Escolar Terra cha



Vostede é o actual presidente da Agrupación Deportiva, cal é a estrutura actual da Agrupación Deportiva Escolar, así como os proxectos de futuro?

Nesta agrupación os distintos deportes dependen todos de nos sempre ca supervisión do Coordinador de deportes da Xunta

¿Como definirías a filosofía de traballo da súa agrupación?

A nosa filosofía e de ter sempre en conta (dentro do posible) os intereses das distintas entidades.

¿Cal é o deporte Rei da súa agrupación?

O deporte Rei e o fútbol sala e o Campo a través

¿Cantos deportes distintos se practican na súa agrupación?

Practícanse, Futbol Sala; Xornadas de Baloncesto; Campo a Través; Orientación; Bádminton; Tenis mesa e Xadrez

¿Cal foi o momento mais feliz como coordinador da Agrupación? 

O momento mais feliz e cando nos xuntamos o final da tempada todos os representantes e na comida correspondente comentamos todo sobre a tempada rematada

¿Que diferencias encontra entre o deporte da súa etapa como deportista e a etapa actual?

As diferencias son moi grandes pois xa fai moito tempo que o deporte competitivo xa no práctico.

Mellores campos e pavillóns, agora hai en todos os concellos e antes había o municipal e gracias. Moita mais competicións. Mellor organización ,máis medios para todo. Non se pode comparar.

¿Que valoración fai da situación do deporte no momento actual que estamos a vivir polo Covid – 19?

A valoración da situación actual e moi mala pois penso que temos para moito tempo. Dende logo e una pena polos pequenos que estaban acostumados a ter un programa moi amplo onde poder ocupa os seus ratos de ocio e sobre todo a relación social con outros pequenos

¿Practica algún deporte?¿Cales?

Fixen moito deporte pero agora pola idade ando e fago algo de natación

¿Que destrezas valora nos técnicos, monitores e colaboradores a hora de formar parte do voso proxecto de base?

Que ensinen os pequenos o importante que e saberse comportar sempre en un campo de xogo, con respecto os contrarios. O importante que son os hábitos deportivos que sexan mais educadores que adestradores, que os pequenos gocen indo a adestrar e a xogar

¿Cal é o aspecto que lle parece máis gratificante do seu traballo?

A relación entre os adestradores das distintas entidades

EN CURTO...

  • Unha Comida? Cocido
  • Un Coche? Mercedes
  • Unha Película? Gigante
  • Un Soño? Ver medrar os netos
  • Unha Viaxe? Roma ou París
  • Unha Cidade? Lugo
  • Un Evento deportivo? Campionato do Mundo de Fútbol e de Baloncesto